Fondo
     

Música e cultura medieval, no II Festival no castelo do Bolo

10-Julio-2018 - 08:51:13 

 Música tradicional e cultura medieval danse cita un ano máis no Bolo, na segunda edición do "Festival no castelo do Bolo", un evento que terá lugar o día 14 de xullo, ás 17.00 horas, e no que se homenaxea este ano ao grupo de música tradicional "Os Rosales" de Rianxo.
O programa do festival, que será presentado por Manola Porto, inclúe, nese contexto de cultura medieval, un espectáculo de cetrería a cargo das Rapiñas do Salnés,  actuarán a repentista Alba María, Os Rosales de Rianxo, o Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, as Cantareiras da Seitura de Lentellais e a Banda de Gaitas do Bolo, composta por 20 nenos que actuarán por primeira vez no festival. Tamén participará a Real Banda de Gaitas da Deputación: o gaiteiro Óscar Ibáñez e os alumnos das Escolas Abertas da Secretaría Xeral de Emigración, coa participación de Cuba, Arxentina, Venezuela, Uruguai, Perú e Suíza. Asemade, o castelo acollerá unha exposición de gaitas primitivas, do 12 de xullo ata o 25 de setembro.

Compartir en Twitter