Fondo
     

Noite de Fiadeiro

10-Mayo-2018 - 13:21:24 

O vindeiro día 12 de Maio Ramirás converterase por decimo segundo ano consecutivo no epicentro da música galega. A celebración da Noite de Fiadeiro recuperará a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear. 
 
Para este Sábado a organización elaborou un  programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasarúas, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos, demostracións... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. 
 
A principal novidade desta edición é a importante ampliación de colectivos participantes, que suman un total de corenta, chegados de todos os recunchos de Galicia. Deste xeito, arredor de 400 persoas estarán implicadas na dinamización da noite, e sempre tendo como referencia a música tradicional e de raíz. Precisamente este é o elemento diferenciador desta celebración. 

Compartir en Twitter