Fondo
     

A Lúa en Trevinca. Concello de A Veiga

20-Marzo-2018 - 09:54:07 

A Hora do Planeta, iniciativa que se fai a nivel mundial, é unha forma de demostrar globalmente a nosa preocupación polo cambio climático e fomentar un compromiso á hora de encontrar solucións. Trátase dun chamamento a nivel global, unha alerta para asumir responsabilidades e involucrarnos en traballar por un futuro sostible, unha acción simbólica para concienciar á sociedade sobre as emisións contaminantes e a necesidade de adoptar medidas urxentes contra o cambio climático.
E seguindo estes pasos, e co fin de que a xente disfrute dun dos mellores ceos do mundo, dende o Concello queremos realizar actividades respetuosas co medio ó longo do ano. Unha delas levaráse a cabo o vindeiro día 24 DE MARZO, onde se realizará unha actividade de observación da Lúa e dos Planetas, nun lugar certificado por estar libre de contaminación lumínica e atmosférica., o Mirador Estelar de O Rañadoiro. Debemos destacar que esa noite a Lúa terá unha especial beleza.
A actividade inclúe cea máis observación dirixida por Óscar Blanco un dos referentes no astroturismo en Galicia.A cea celebraráse en conxunto con todos os asistentes e ó rematar, os participantes desplazaránse (en transporte particular) o lugar de observación ( Alto do Rañadoiro ).Na observación explicaráse ademáis como se utiliza un telescopio. Tras a observación remataráse cun chocolate.
O día seguinte sobre as 11.30 os participantes disfrutarán dunha visita ó Centro de Interpretación de Ponte e dunha pequena ruta ata o Pontón das Olgas. Tendo como Punto de encontro a aldea de Ponte.
O prezo da actividade para todos os participantes será de 20 €, que inclúe cea de grupo e actividade ( 10,00 € para todos os que non vaian á cea ).

Compartir en Twitter