Fondo
     

Destacados

Ver todos[+]

A imaxe de “Ourense, a provincia termal” difundirase para todo o mundo na Vuelta 2017
[14/07/2017]
A provincia de Ourense volve ser, un ano máis, un dos territorios protagonistas da Vuelta a España, nesta ocasión na caravana publicitaria que acompaña a rolda ciclista en todas as súas etapas. Así o acordaron hoxe en Madrid o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de Unipublic e da "Vuelta", Javier Guillén, unha colaboración que permitirá á Deputación de Ourense, a través do Inorde, promocionar en todo o mundo, entre o 19 de agosto e o 10 de setembro, ao longo de 21 etapas, os atractivos turísticos, termais, naturais e históricos da provincia de Ourense na 72ª edición da Vuelta a España.   A caravana publicitaria incluirá un vehículo coa imaxe promocional de “Ourense, a provincia termal”, con material de merchandising, e a presenza no denominado “Parque Vuelta”, un espazo temático de ocio, espectáculos e gastronomía visitado por máis de 100.000 persoas, principalmente público familiar.   A imaxe de “Ourense, a provincia termal” será difundida en 190 países, nun evento que terá 140 horas de difusión en televisión, cunha media diaria estimada de audiencia de 1,4 millóns de espectadores. Ademais, o alcance da promoción completarase coa difusión a través da web da Vuelta (4,1 millóns de visitantes), e as plataformas móbiles (250.000 descargas), así como nas redes sociais (con 590.000 fans e máis de 14 millóns de vídeos vistos). As cifras de espectadores que seguen “in situ” a “Vuelta” é de 2,5 millóns de persoas, ao longo das máis de 400 cidades que visita a caravana nos seus 3.500 quilómetros de percorrido.    [+]
[]
 

Laroucofest en Baltar
[26/07/2017]
 A IX Festa Popular e o festival musical "Laroucofest" do Concello de Baltar homenaxean este ano á vida sa e a natureza, eventos que se celebrarán o vindeiro 29 de xullo con actividades lúdicas, deportivas e musicais e cun recoñecemento á doutora Olimpia Valencia, primeira médica xinecóloga de Galicia.   Cada ano o municipio de Baltar reinvéntase para sensibilizar sobre a protección da natureza e conxugar ocio, música e deporte, nun programa de actividades que congrega nesta contorna, aos pés da Serra do Larouco, a centos de persoas   Xuntos aos xogos populares e ás actividades gastronómicas, que se desenvolven ao longo de toda a xornada, ás 12.00 horas celebrarase o campionato pre-europeo de parapente e, pola tarde, unha exhibición deste deporte e de paramotor. Xa pola noite, ás 22.00 horas, dará comezo o festival "Laroucofest" coas actuacións dos grupos: "Os da porfía", "Tanto nos ten", "The tetas van" e "Sacha na horta". Finalmente, ás 23.00 horas terá lugar unha proba voluntaria de alcoholemia, "coa quese quere  sensibilizar á xuventude sobre as prácticas de ocio saudable, para o cal, aqueles xoves que dean negativo na proba serán agasallados cunha camiseta con lema "Engánchate á vida sa".  
Noites Teatralizadas en Pazos de Arenteiro
[17/07/2017]
O Concello de Boborás dará a coñecer a riqueza cultural e patrimonial da súa aldea Pazos de Arenteiro a través das "Noites teatralizadas" que se celebrarán todos os venres, do día 14 de xullo ata o 15 de setembro, ás 22.30 horas, unha actividade para todos os públicos e de balde.  Cada visita durará unha hora aproximada e ten varios piares fundamentais: a interacción co público, a música en directo que lle dará máis espectacularidade e o compoñente lúdico, coa que tratamos tamén de facer unha experiencia didáctica para ensinar aos espectadores o que foi Pazos na Idade Media. Os interesados en participar deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622, xa que o aforo está limitado a 30 persoas.   
Carlos Núñez retorna a música medieval a Oseira, Santo Estevo e Montederramo cos instrumentos do Pórtico do Paraíso
[17/07/2017]
Carlos Núñez ofrecerá tres concertos os vindeiros 27, 28 e 29 de xullo nos mosteiros de Santo Estevo de Rivas do Sil, Oseira e Santa María de Montederramo, coa colaboración da Deputación de Ourense. Os eventos, enmarcados na iniciativa "A tradición medieval", ten como obxectivo poñer en valor os instrumentos do Pórtico do Paraíso, para o cal, nos concertos utilizaranse réplicas dos instrumentos que aparecen nesta xoia escultórica da catedral de Ourense, unindo música, tradición e estes enclaves únicos pola súa riqueza histórica e patrimonial da provincia de Ourense   Os concertos serán o 27 de xullo, ás 21.00 horas, no claustro dos bispos do mosteiro de Santo Estevo de Rivas do Sil; o día 28, ás 20.30 horas, na igrexa do mosteiro de Oseira, e o día 29, ás 21.00 horas, na igrexa do mosteiro de Montederramo. As entradas pódense adquirir na plataforma Ataquilla.com.    
Experiencia Birding Trevinca del 15 al 16 julio
[11/07/2017]
El espacio natural de Pena Trevinca es el único paisaje subalpino de toda Galicia. En él destacan la presencia de pequeños lagos y otros elementos de origen glaciar, hábitat natural de especies de aves propias de zonas de montaña. La singularidad de la avifauna que habita este entorno en frágil equilibrio se ha protegido con la declaración de Pena Trevinca como Zona ZEPA de Especial Protección de Aves. Dentro del proyecto Segredos de Trevinca: Bosques, Ceos e Chíos, el fin de semana del 15 y 16 de julio te proponemos rodearte de naturaleza en el entorno del macizo más alto de Galicia, donde en primavera y verano se pueden observar aves que escasean en otros puntos de Galicia. Habrá salidas al campo con un guía especializado en medio ambiente. El sábado tendrá lugar una ruta sencilla de senderismo en la que el guía realizará charlas interpretativas sobre los valores naturales de la zona, y se realizará un avistamiento de aves. Y el domingo, recorrido en catamarán para observar las aves acuáticas del Encoro de Prada.  
Geodestinos

Visionar Guía 

Visionar vídeo 

 Agenda / Events

Ver todos los eventos [+]
<<   Febrero   >>
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

27-Jul-2017

Carlos Nuñez
Nogueira de ramuÍn

28-Jul-2017

A Noite dos Condes
Ribadavia

trens turisticos
horarios estaciones
Deportes Diputacion Ourense

 Galería - Eventos Inorde / Gallery - Events

[+]
Ver álbumes anteriores

 Vídeos / Video

[+]

 Publicaciones / Publicacións / Publications

[+]

 Te puede interesar / We also recommend